Baltimore
Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.
Historia
[editar | editar a fonte]
Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de 1729, Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1 500 edificios.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Baltimore está no centro norte do estado de Maryland, á beira do río Patapsco preto da súa desembocadura na baía de Chesapeake. A cidade localízase nunha discordancia entre a chaira de Piedmont e a chaira costeira do Atlántico, que divide Baltimore na "cidade baixa" e na "cidade alta", nun rango que vai do nivel do mar ata os 480 m no nordeste nas proximidades de Pimlico.[1]
Segundo o censo de 2010, a cidade ten unha superficie total de 239 km 2, 210 de terra e 29 de auga.[2]
Baltimore está case completamente rodeada polo condado de Baltimore, tan só polo sur limita co condado Anne Arundel.
Irmandamentos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Highest and Lowest Elevations in Maryland's Counties". Maryland Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007.
- ↑ United States Census Bureau, ed. (22 de agosto de 2012). "2010 Census Gazetteer Files". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2014. Consultado o 14 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baltimore |
