Saltar ao contido

Detroit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detroit
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Imaxe
 Parte de
 Nome orixinal
Detroit (en)
Détroit (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Detroit (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Texto lema
Speramus Meliora; Resurget Cineribus Editar o valor en Wikidata
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Detroit Editar o valor en Wikidata
Mary Sheffield (2026 - )
Mike Duggan (2014 - 2025)
Dave Bing (2009 - 2013) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Fundador/a
 Autoridade executiva
 Membro de
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1701 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Sede
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
639.111 (2020)
680.250 (2013)
1.422 (1820)
2.222 (1830)
9.102 (1840)
21.019 (1850)
45.619 (1860)
79.577 (1870)
116.340 (1880)
205.876 (1890)
285.704 (1900)
465.766 (1910)
993.678 (1920)
1.568.662 (1930)
1.623.452 (1940)
1.849.568 (1950)
1.670.144 (1960)
1.514.063 (1970)
1.203.368 (1980)
1.027.974 (1990)
951.270 (2000)
713.777 (2010) Editar o valor en Wikidata
Número de fogares270.446 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
370,028011 km²
370,028943 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude183 m Editar o valor en Wikidata
Porcentaxe área de auga2,8828 % Editar o valor en Wikidata
Fuso horarioZona de Tempo Oriental Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal48201 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap134591 Editar o valor en Wikidata
VIAF133676653 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasdetroit Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02dtg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: CityofDetroit BNE: XX455659 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Detroit é unha cidade situada no Condado de Wayne, no estado de Míchigan dos Estados Unidos. Situada entre o Lago St. Claire e o Lago Erie, alberga ás tres grandes compañías automobilísticas americanas: General Motors, Ford, e Chrysler (hoxe parte do grupo Stellantis con sede na UE). Detroit tamén é emblemática polo son Motown, que foi unha grande influencia para a música funk e techno.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o último censo de 2007, o núcleo da cidade ten 916.952 habitantes, e contando cos arredores chega a 5,5 millóns. É a oitava cidade en canto a poboación dos Estados Unidos.

Fortes coloniais

[editar | editar a fonte]

En 1701 o explorador Antoine de la Mothe de Cadillac fundou, no nome da coroa francesa na ribeira norte do río Detroit (paso de augas entre os lagos Hurón e Erie), un asentamento que chamou Fort Ponchartrain du Détroit. En efecto deseñou unhas rúas, adxudicou lotes aos colonos que o acompañaban, e fortificou o conxunto cunha empalizada con torres nas esquinas . Entre as primeiras construcións a igrexa de Ste. Anne, ao leste xunto a unha das portas do recinto .

En 1760, no medio da loita colonial entre franceses e ingleses Fort Ponchartrain cae en poder destes últimos e pasa a chamarse simplemente Fort Detroit. De seguido comezou a loita pola independencia dos Estados Unidos. Por iso en 1779 os ingleses constrúen un novo forte inmediatamente ao norte do antigo que recibe o nome de Fort Lernault (despois Fort Shelby ). Pero en 1796 definitivamente o territorio pasa á soberanía dos americanos.

Plan Woodward para a nova cidade de Detroit

[editar | editar a fonte]
Image

No 1805 un fogo destrúe o vello asentamento xusto cando, coma Detroit, fora declarada polo goberno federal capital do novo Territorio de Míchigan. De seguido autorizouse un plan para a reconstrución da cidade. O plan de A. Woodward estaba inspirado no recente de L'Enfant para Washington con grandes eixos diagonais radiando de prazas focais. Inda que non *implementado na súa totalidade a súa pegada consérvase en grandes liñas no centro da cidade actual .

A estratéxica posición de Detroit na ruta dos Grandes Lagos favoreceu un rápido crecemento que incrementouse inda máis trala Guerra Civil ata o punto de alcanzar un esplendor no final do século XIX polo que foi alcumada París do Oeste .

Capital do automóbil

[editar | editar a fonte]

Nese contexto apareceu a figura de Henry Ford. A cidade tiña unha desenvolvida industria de carruaxes coma estación intermedia do tráfico de dilixencias entre Chicago e Nova York. A máis, outra de motores para barcos nos estaleiros da ruta dos Grandes Lagos. Con ese punto de partida Henry Ford desenvolveu non só un novo automóbil, senón todo unha nova maneira de manufactura industrial, a cadea de montaxe. E coma consecuencia, unha nova industria que dominaría o século XX (principal dos Estados Unidos no primeiro terzo).

Detroit foi a capital de toda esa explosión. Alí asentáronse as principais compañías do sector: General Motors, Ford e Chrysler [Ligazón morta][Ligazón morta][Ligazón morta] [Ligazón morta]. O crecemento da urbe foi paralelo sextuplicando a súa poboación (305.000h en 1900 ; 1 800 000 en 1940 ).

Todo ese crecemento foi consecuencia dunha forte inmigración de traballadores de raza negra do sur do país e de continxentes europeos. Os conflitos raciais non tardaron en aparecer e xa nos sesenta a suburbanización das clases medias e altas brancas foi notable. A carestía do petróleo despois de 1973 e a subseguinte crise da industria do automóbil non fixeron senón agudizar a segregación. O downtown de Detroit quedou convertido nun magro distrito de negocios baleiro pola noite e arrodeado de extensos barrios de clases baixas, desempregados e con grandes taxas de drogadiccións e criminalidade. A cidade ten perdido nos últimos decenios a metade da súa poboación Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine..

Inda que téñense posto en funcionamento plans de revitalización (renacemento), as sucesivas crises da industria automobilística (a derradeira nestes días de 2009) non fan máis que machucar a unha metrópole ferida que terá que reinventarse no futuro .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]