Mostrando entradas con la etiqueta Disney. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Disney. Mostrar todas las entradas

27.8.12

Brave

Image

Hoxe fun ver ao cine a magnífica película "Brave".
Gustoume moito xa que estaba moi lograda. Unha das cousas que máis me gustou dela foi que é unha princesa activa e valente, non como na maior parte das películas.
Trata dunha princesa pelirroxa chamada Mérida á que súa nai  prepara exclusivamente para casarse pois este é o futuro que lle espera a calquera princesa, pero Mérida quere facer outras cousas, como practicar tiro con arco, e ser libre de tomar as súas decisións. Por iso, ante o que lle espera, a princesa visita a unha bruxa e esta dalle un pasteliño que fará que a raíña cambie, pero a cousa non sae como a ela o planeara.
Se queredes saber como acaba teredes que vela.

2.12.11

Lemonade Mouth

A semana pasada vin esta película chamada "Lemonade Mouth". Trata duns rapaces que son castigados inxustamente. Como castigo, teñen que limpar a aula de arte e, como ao limparen fan unha  canción, acaban formando un grupo, que ten o mesmo nome que a película. Nela, saen un montón de cancións moi bonitas e marchosas, pero a que máis me gusta é esta que se chama "Turn Up the Music".
Se non a viches, recoméndoche que o fagas canto antes.

3.6.11

Cincenta

Encántanme as fotos animadas, e espero que a vós tamén. A Cincenta tamén é unha das miñas historias preferidas de cando era pequena. Esta foto é de cando ratos e paxaros a axudan a arreglar o vestido.


Image

12.6.10

Curtas

Despois de ver no cine Alicia no país das marabillas en 3D, puiden ver na tele algunhas curtas de Disney coma esta sobre uns paxariños.