Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas

7.10.12

De festa en Lugo!!!

Image
Xa estou outro ano máis aquí, en Lugo, disfrutando da festa, do polbo, das tómbolas, das atraccións...
 
Por primeira vez, participei na tómbola dos camelos. É ben fácil, só tes que tirar unhas bólas a uns buratos e segundo en que burato as metas o teu camelo correrá máis ou menos; o primeiro que chegue á meta gaña e leva un premio a elixir. Ata agora aínda non gañei pero quedei segunda, a ver se a próxima vez teño máis sorte!!!
 
Tamén fun tomar o polbo, este ano estaba tan rico coma sempre. Respecto ás atraccións, non teño nin que dicir que hai moitísimas,  tantas coma os demais anos a pesar de que este ano foron algo máis estritos coas medidas das barracas que os pasados. A noria está preciosa con luces de moitas cores e é tan alta que se ve dende a ponte que dá entrada a Lugo.
 
Os concertos tamén son numerosos: o venres fun ao  do Dúo Dinámico que, a pesar de sumar entre os dous un século e medio, cantaban igual de ben e seguían igual de simpáticos.
 
A imaxe que tedes arriba é o cartel deste ano, a min encántame e a pesar das críticas da xente, que non foron poucas, paréceme unha boa elección. Encántanme o polbo do bigote e o do MP3!!! 

24.6.12

Arde Lucus

Este fin de semana celebrouse en Lugo o "Arde Lucus". Esta é unha festa durante a cal os lucenses se disfrazan de romanos e romanas, de castrexos e castrexas, de escravos, de soldados romanos...
Eu disfraceime de romana.

Ademais, as rúas están decoradas coma se nesa época estivésemos e hai diferentes lugares onde ver espectáculos como bodas romanas, loitas de gladiadores e outras moitas cousas interesantes e divertidas. Tamén hai postos nos que podes comprar de todo, dende pulseiras ata queixos.

O "Arde Lucus" ten moito éxito polo que moita xente se despraza dende outros lugares para participar e apenas hai sitio polas rúas,como poderedes ver nas fotos seguintes.


Image

Image

Image

Image

Image

8.10.11

Globos aerostáticos en Lugo.

O voo de globos aerostáticos é unha actividade moi concorrida do San Froilán. Este é un dos globos participantes. As fotos están sacadas dende a ventá da miña habitación.
A que os globos aerostáticos son moi bonitos, todos eles con esas cores tan vivas? 
Image

Image

7.10.11

San Froilán 2011

Este ano o cartel do San Froilán é moi orixinal e encántame, aínda que hai poucos carteis desta festa que non me gusten. Este ano hai un montón de actividades, atraccións e postos e incluso vén Lucía Pérez, a que actuou en Eurovisión, a dar un concerto xunto con outros cantantes famosos.
Outra cousa que quero dicir é que fixeron un libro cos carteis e programacións do San Froilán desde 1870 a 2011 que penso comprar.
Bueno, a disfrutar da festa!!!

Image

18.9.11

Guadalupe 2011

Image

Durante a semana pasada en Rianxo estivemos de festa. Houbo un montón de actividades, entre as miñas preferidas a festa da espuma, na que este ano a espuma chegaba ben arriba, e o feirón mariñeiro.
O feirón mariñeiro é o que máis me gusta da festa. Consiste en que a zona vella de Rianxo se enche de postos que venden de todo, desde libros a doces, e a xente se viste como cen anos atrás, é dicir, que este ano nos vestimos de rianxeiros e rianxeiras de 1911. Tamen houbo no feirón esgrima e tiro con arco. Foi divertidísimo!!! O que tamén me gustou foi que me atrevín a montar non "Saltamontes". Ao principio tiña moito medo pero despois encantoume. Viva a Guadalupe!