Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

10.7.12

O asasinato de Roger Ackroyd

Image


A min encántanme todos os libros de misterio e de intriga pero os de Agatha Christie son, na miña opinión, dos mellores. O último libro que lin dela foi " O asasinato de Roger Ackroid". Trata da misteriosa  morte do home en cuestión, que o gran detective Poirot intenta resolver. Pero o caso complícase por momentos, xa que sucesos extraños, coma unha misteriosa chamada telefónica ou a secreta boda de dous dos sospeitosos, non axudan a esclarecer o caso.Como ocorre con todos os libros desta escritora, o final é sorprendente e impredicible.    

29.1.12

Alas de fuego

Image

O outro día lin outro libro de Laura Gallego titulado "Alas de fuego" que me gustou moitísimo. Trata dun anxo feminino chamado Ahriel, que ten como misión axudar e estar ao lado da xove raíña dun reino moi antigo para axudala e aconsellala, pero esta, cegada pola avaricia, decide iniciar unha guerra co reino veciño.
Ao ver que o seu anxo non está de acordo, envíao ao lugar máis terrible do país: o cárcere. Ahriel pensa nada máis chegar que ese lugar onde está non pode ser un cárcere xa que esta cheo de barro e bichos terribles pero entón coñece a Bran o amor da súa vida, que lle explica que esa non é un cárcere normal.
Se queredes saber como acaba teredes que ler este libro e tamén a súa continuación "Alas negras", que eu aínda non lin pero estouno desexando. 

2.1.12

Laura Gallego

A muller retratada na foto é Laura Gallego, unha das miñas escritoras preferidas. Todos os libros que lin dela encantáronme e iso que ten moitos publicados: Donde los árboles cantan, Sara y las goleadoras, La emperatriz de los etéreos... Pero sobre todo a trioloxía Memorias de Idhún que aínda non rematei pero que me está gustando moito. Recoméndovos todos os seus libros sexa cal sexa o que vos interese.  

Image

3.12.11

A pedra de seixo

Hoxe lin un libro que me pareceu moi extraño.
Chámase "A pedra de seixo", de María Canosa. Trata dunha rapaza á que polo seu aniversario lle regalan unha bóla decorativa. Ela e máis o seu grupo de amigos descobren que esa misteriosa bóla ten poderes máxicos e, grazas a ela, poden facer cousas que eles nunca antes imaxinaran como, por exemplo, falar co irmán morto dunha das amigas da protagonista. Recoméndovolo!!!

  Image

26.6.11

A cripta do apostol

Image

O outro día lin este libro e pareceume interesante. Trata duns rapaces de Cataluña que van facer o camiño de Santiago de Compostela. Alí pasan cousas extrañas e un monitor levanta sospeitas. Que credes que pasa ao final? Para enterarvos teredes que lelo.

15.8.10

Cuestionario literario

Image
1. Frank L. Baum: O mago de Oz; o Espantallo a Dorothy: Pódese saber quen es e onde vas?
Son Vi e vou de vacacións

2. Michael Ende: Momo; Momo aos nenos: E iso é divertido?
Si, ir de vacacións é a cousa máis divertida despois de ler un bo libro e tomar un gran xelado

3. Michael Ende: Momo; home gris a homes grises: Que é unha vida humana?
É a cousa máis incontestable do mundo

4. Robert L. Stevenson: A illa do tesouro; John Silver a Jim: Cres que un morto está morto para sempre, ou cres que pode resucitar?
Só pode resucitar se lle quedou algún asunto pendente antes de morrer (como ir buscar a roupa á tintorería ou terminar de ler o libro que ten que entregar ao dia seguinte na biblioteca)

5. Miquel Rayó: O tesouro do Capitán Nemo; Marisa ao protagonista: Que buscas?
A razón pola que me gusta tanto ir a praia tendo en conta o pouco que me gusta botar a crema antes de ir

6. Astrid Lindgren: Pipi Calzaslargas; Tommy a Pippi: Que é o que non consentirías?
Que me prohibiran ler a todas horas

7. Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o Gato de Chesire a Alicia: Cáeche simpática a Raíña?
A raíña do país das maravillas pareceme a raíña máis mala de todas as raíñas de todos os contos

8.Lewis Carroll: Alicia no País das Maravillas; o rato a Alicia: Gústanche os cans?
Si, pero gústanme máis os gatos sobre todo se saben falar

9. Daniel Nesquens: 17 cuentos e dous pingüíns; Marta a papá: Por que o oito vai despois do sete?
Pola mesma razón que sete vai despois de seis.

10. Roald Dahl: Matilda; Truchbull a Wilfres: Teño 8 cocos, 8 monos e 8 nenos. Cantos imbéciles teño en total?
Ningún pois os nenos non son imbéciles,os monos tampouco pois imitan perfectamente os humanos e os cocos saben demasiado ben para selo.

11. Roald Dahl: As bruxas; Neno á avoa: Atopaches algunha vez unha bruxa?
Si,as que fan de malas en libros e películas

12. James Barrie: Peter Pan; Peter aos nenos: Credes nas fadas?
Si, se non quen fai que os nosos desexos se fagan realidade?

13. James Barrie: Peter Pan; Wendy a Peter: Sabes o que é un bico?
A cousa máis bonita deste mundo

14. Michael Ende: Momo; Momo ao mestre Hora: Que é o tempo de verdade?
O tempo que pasamos sendo felices e disfrutando.

15. Henning Mankell: O can que corría cara a unha estrela; Joel a si mesmo: Ser adulto é isto, facer e dicir cousas que non entenden os nenos?
Non, o que pasa é que eles fan as cousas de diferente maneira ca nós. Por exemplo, nós pasamos o tempo xogando e indo á escola e eles traballando e facéndonos felices


16. Lewis Carroll: Alicia no país das Maravillas; Alicia a si misma: De que serve un libro se non trae estampas nin diálogos?
A min gustame máis sen elas porque así podo imaxinalo como queira.

18.4.10

Ulysses Moore

ImageImage
Image
Encántame a colección de ulysses moore. É de aventuras, de misterio e de viaxes.
Os protagonistas son Jason,Julia e Rick aínda qu no 7 e no 8 sae outra nena chamada Anne. Tratan dunhas portas do tempo que están agochadas no pobo de Kilmore Cove. Unha muller chamada Oblivia Newton quere abrir as portas pero Jason, Julia e Rick impídeno.
Eu lin o tres, o catro e o sete.
Recoméndovolos.

22.11.09

Unha historia de Kafka

Image
Regalaronme este libro polo meu santo. Recoméndovolo.

Trata dun escritor que atopa a unha nena chorando porque perdeu a sua boneca, el intenta calmala e conségueo grazas a unha historia que lle conta e unhas cartas que escribe.

Pasado un ano morre.