Mostrando postagens com marcador 2015. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 2015. Mostrar todas as postagens

2015/11/18

A Profa cumpre 8 anos

Image


Hoxe A profa está de aniversario.
Nacía este blog en 2007 coa intención de tender fíos de camiños coincidentes e aí seguimos no que se ten convertido nunha experiencia sorprendentemente positiva para min.

2015/10/11

«De remate». «En memoria de Bieito Sanmarful» (booktrailer)


Nunca un booktrailer me deixara tan impresionada. Chega dende Brétemas este pequeno documental, non me atrevo a cualificalo de propagandístico, da novela gañadora do Premio Xerais deste ano, De remate, de Héctor Cajaraville. Parabéns a estes non actores que nos conquistan para a lectura sen que poidamos ofrecer a menor resistencia. Sinxelamente marabilloso!

Javier Gómez Noya dende A lingua de Alcaián. Para min e para ti (2)

2. JAVIER GÓMEZ NOYA E A LINGUA dende A lingua de Alcaián
Mercedes Queixas tráenos unha entrada sobre o deportista Javier Gómez Noya e a lingua.

Para:
  • Entrevista
  • Discurso oral planificado
  • Sociolingüística
Porque se traballamos todos, traballamos menos e, xa que o fago, fareino Para min e para ti.

Casas alfabéticas dende Xogos de lingua. Para min e para ti (1)

Con esta entrada inicio unha sección na que penso recoller materiais interesantes publicados por outras persoas que considero aproveitables para as aulas. A estrutura vai ser moi sinxela, referencia e breve exposición de posibilidades didácticas. Porque se traballamos todos, traballamos menos e, xa que o fago, fareino Para min e para ti.

1. Fascinantes casas alfabéticas dende Xogos de lingua

Carlos Medrano tráenos divertidas casas alfabéticas de Florian Schommer.

Para:
  • Observación polo miúdo.
  • Descrición.
  • Escribir a partir dunha imaxe.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Langueirón



Eu a lei non cha perdinhe...



2015/04/02

Día Internacional do Libro Infantil 2015

Talvez HOXE poderías recomendarlle un LIBRO,
e/ou agasallar cun libro,
e/ou lerlle un libro
e que a túa voz
faga MAXIA.

 
Image
 
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Todos os anos unha Sección Nacional é a encargada de elaborar unha mensaxe para todos os nenos e nenas do mundo. En 2015 esta mensaxe chéganos dos Emiratos Árabes Unidos, da man da escritora emiratí Marwa Al Aqroubi e a ilustradora Nasism Abaeian.

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."

Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
 

2015/03/22

A memoria da choiva I - Compilación do léxico


Image

Instrucións de organización do alumnado para a elaboración colaborativa do léxico da obra A memoria da choiva de Pedro Feijoo.



1A
1B
número na aula
páxinas
páxinas
1
1-14
269-282
2
15-28
283-296
3
29-42
297-310
4
43-56
311-324
5
57-70
325-338
6
71-84
339-352
7
85-98
353-366
8
99-112
367-380
9
113-126
381-395
10
127-140
396-410
11
COMPILADOR
411-426
12
141-154
REVISORA
13
155-168
427-441
14
REVISORA
442-456
15
169-182
457-469
16
183-196
COMPILADOR
17
197-210
COMPILADOR FINAL
18
211-254
exenta
19
255-268
REVISORA FINAL

FUNCIÓNS
BUSCADORES
  • Buscar nas páxinas adxudicadas o léxico descoñecido ou que poida presentar dificultades á hora de ser utilizado nunha creación textual.
  • O formato das entradas debe ser, palabra en negriña e con maiúscula inicial, dous puntos, definición. Ex.:
Palabra: Definición.
  • Ordenar ese léxico alfabeticamente.
  • Pasarlle o corrector.
  • Enviarlle un arquivo con identificación ao compilador do seu grupo.
COMPILADORES
  • Deben compilar o léxico de toda a súa aula.
  • Ordenalo alfabeticamente eliminando as posibles repeticións.
  • Pasarlle o corrector.
  • Comprobar que o formato de todas as entradas é igual.
  • Enviarllo á persoa encargada da revisión na súa aula.
REVISORES
  • Debe darlle a última revisión ao arquivo comprobando a orde alfabética, a revisión ortográfica e a non repetición de palabras.
  • Debe enviarlle o léxico da súa aula nun único arquivo ao compilador final.
  • Debe crear unha listaxe de correo da súa aula.
  • Debe enviarlle ao alumnado da súa aula a versión que lle facilite a revisora final.
COMPILADOR FINAL
  • Debe xuntar nun único arquivo os léxicos de todo o libro enviados polas dúas aulas.
  • Debe comprobar a orde alfabética e eliminar as entradas repetidas.
  • Debe pasarlle o corrector.
  • Debe comprobar que o formato de todas as entradas é igual.
  • Debe enviarlle o arquivo final á revisora final.
REVISORA FINAL
  • Debe darlle a última revisión ao arquivo comprobando a orde alfabética, a revisión ortográfica e a non repetición de palabras.
  • Debe enviar o arquivo a:
    • e aos revisores das dúas aulas para que á súa vez llelo faciliten aos seus compañeiros e compañeiras para que poidan ir avanzando no estudo do léxico de cara ao exame.
PRAZOS
Indícanse as datas límite para a entrega do traballo asignado.
  • Prazo compiladores: 8 de abril
  • Prazo revisores: 10 de abril
  • Prazo compilador final: 12 de abril
  • Prazo revisora final: 14 de abril
  • Exame do libro: 24 de abril