Mostrando postagens com marcador personaxes. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador personaxes. Mostrar todas as postagens

2009/07/11

Luís Villares Naveira 02

Vídeo da segunda parte da intervención do xuíz Luís Villares Naveira na presentación do volume colectivo Sobre o racismo lingüístico (Edicións Laiovento) o 9 de xullo de 2009 no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Podo dicir que son moi clarificadoras as súas palabras sobre a legalidade e lexitimidade de moitos acontecementos actuais relacionados coa nosa lingua e ofrece unha explicación moi clariña do que é normalización.



2009/07/10

Luís Villares Naveira

Primeira parte da intervención do xuíz Luís Villares Naveira na presentación do volume colectivo Sobre o racismo lingüístico (Edicións Laiovento) o 9 de xullo de 2009 no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Podo dicir que son moi clarificadoras as súas palabras sobre a legalidade e lexitimidade de moitos acontecementos actuais relacionados coa nosa lingua.

2009/05/10

Grazas Belén


O aplauso ás palabras de Belén non foron unánimes, iso mesmo xustifica a necesidade da súa intervención. O meu máis entusiasta aplauso en primeiro lugar polo premio, ben merecido. E a miña admiración por dicir contracorrente aquilo que pensamos tantos galegos e galegas e facelo dunha forma tan sinxela e amable.
E parabéns a Días Estranhos por difundilo.

2008/11/26

Rosa Piquín ou a paixón de ensinar

ImageRosa Piquín nun curso do Barco de Valdeorras en novembro de 2008.
Dúas xornadas dun curso nas que se fala de proxectos documentais integrados non abondan para coñecer a ninguén mais si nos permiten albiscar o tipo de profesional que temos perante nós. Rosa, á que só coñecía de referencias, é da clase de educadores que animan a traballar e unha amante da lectura sincera. Cóntanse os relatores que comezan as súas intervencións lendo e presentando libros, ela fíxoo nas dúas ocasións, desde logo unha actitude bastante reveladora da súa forma de entender a docencia.

2008/10/22

I Premio Home Galego Pola Igualdade

ImageChégame a través da prensa a noticia de que Juan Carlos Hermida é o gañador do I Premio Home Galego Pola Igualdade. Hai dous anos coincidín con el no IES Número 1 de Ribeira, quero enviarlle desde aquí as miñas felicitacións polo seu compromiso.