2016/01/14
A empadroarse no #blogomillo
2011/11/05
4 anos de blog
![]() |
Pink Sherbet Photography en Flickr. |
2011/10/25
A lingua de Alcaián
Éme moi grato compartir con vós a aparición dunha nova bitácora didáctica, trátase dun blog de aula de lingua e literatura, A lingua de Alcaián, que nace no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco da man de Mercedes Queixas Zas.
Que de onde lle vén o nome ese de Alcaián? Poderédelo saber visitando o blog, unha resposta ben fermosa e máxica.
Ademais conta con seccións como o/a escritor/a do mes, ou o libro da semana.
2011/10/17
5000 Parabéns para Trafegando Ronseis
Cinco mil entradas nun blog non é algo que se consiga así coma así, e menos nun blog de carácter educativo e en galego. Trafegando Ronseis é para min desde hai moito tempo un dos blogs de referencia e gustaríame darvos unha cantas razóns para vos facerdes seguidores dese magnífico traballo.
1 - A súa actualización é envexable sobre todo en cuestións lingüísticas e en publicacións de carácter literario.
2 - Nel atopas os mellores vídeos de animación.
3 - A súa sección de materiais sobre violencia de xénero é única.
4 - Se che gusta a publicidade non vas dar feito, teñen moita e de calidade.
5 - Citan as fontes de onde proveñen os materiais de forma que a través deles chegas a coñecer páxinas moi interesantes.
A Anxo non tiven o pracer de coñecelo pero Gracia, ademais, é unha persoa encantadora.
Parabéns para eles dous pola súa traxectoria blogueira e moitísimos ánimos para seguir trafegando en tan fermosos e indispensables ronseis.
2010/04/29
Festa a Festa cumpre un ano

2009/04/23
Blogaliza renóvase
Esta entrada recolle a información enviada pola administración de Blogaliza.
A comunidade Blogaliza acolle a máis de 1.700 blogues en galego (sobre temas literarios, educativos, blibiotecarios, deportivos, persoais, políticos, etc.) e máis de 6.000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na propia Blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente blogomillo.
NOVOS SERVIZOS DA BLOGALIZA
O próximo 1 de maio abriremos a nova Blogaliza, unha versión ampliada do habitual servizo de blogues en galego que integrará tamén noticias culturais actualizadas a diario, rede social, convocatorias de animación á creación artística e moitos outros contidos.
A partir dunha nova portada xeral da comunidade, poderase consultar a actualidade do blogomillo, con especial intensidade no ámbito da cultura a través de seccións especializadas en literatura, música, cinema, artes visuais, etc. A apertura destas seccións será progresiva, comezando pola de letras.
PARTICIPACIÓN NA CONFIGURACIÓN
Desde a Blogaliza temos claras expectativas do que non debe faltar, mais queremos facer un convite público a todas as persoas, colectivos e institucións que queiran facer propostas para enriquecela.
Desde hoxe e até o 1 de maio na portada de Blogaliza accederase a un blogue aberto ás propostas de todos. Calquera pode mandar ideas e debatelas para que sexan integradas na nova Blogaliza. Para iso só é preciso enviar un correo para propostas at blogaliza.org, que será publicado como nova anotación, cos comentarios abertos para, entre todos/as, ir perfilando as novas ideas.
DIFUSIÓN DO PROXECTO
Agradeceremos toda a difusión posíbel deste correo, coa pretensión de facermos da Blogaliza un aberto centro cultural na rede. Un espazo sen cancelas onde poder comunicar, debater, partillar e fornecer en liberdade e respecto a cultura que queremos.
PUBLICIDADE
Na Blogaliza temos o compromiso de que os blogues continúen a ser de balde e sen publicidade, como até agora, salvo nas portadas temáticas, espazos onde posibilitaremos referencias publicitarias coa intención de financiar o proxecto e asegurar a súa viabilidade.
Vía Brétemas.
2008/05/15
II Premio Espiral edublogs 08

Aula Blogue
EDIGA
Escoita... Escucha..
O Segrel do Penedo
Pizarra dixital
Trafegando ronseis
2008/05/14
2008/01/09
Nube de topónimos galegos
Esta Nube de topónimos galegos de Berto é moi recomendable, para estudar, para curiosear ou mesmo para xogar ás adiviñas de cales son os topónimos máis frecuentes.2007/11/18
Do privado e do público
Hai case dous meses publicaba Arume dos piñeiros un acertado comentario sobre a diverxencia entre o privado e o público entre algunhas das nosas sobranceiras personaxes e estoutro día saía o mesmo tema nunha conversa de recreo en sala de profes.Tampouco eu son quen de dar nomes, sobre todo porque nalgúns dos casos só falo de oídas e non se debe dicir por detrás o que un non é quen de manter á cara. Sendo isto así, non quita que me entre unha mestura de carraxe e tristeza cando vexo que XXX pasa amplamente do seu traballo de docente porque está demasiado ocupad@ coas súas columnas xornalísticas, publicacións, intervencións televisivas, investigacións universitarias, creacións literarias, asistencia a actos lúdicofestivos diversos... en definitiva, en atender todo iso do aparello cultural, e cobre as súas costas dando aprobados xerais que manteñen calado o persoal.
E XXX podería dicirme que é tan mal docente como o de física, ou a de matemáticas e non debe máis explicacións que aqueles. E tería unha parte de razón, pero, aínda que non o queira, é diferente a eles, xa que a súa posición pública converte o seu comportamento nun modelo xeneralizable da cultura á que representa. É o que hai, e nese sentido ao mellor algún e algunha farían mellor pola nosa cultura creando algo menos e aplicándose un chisco máis niso que, ao cabo e ao remate, lles dá de comer.


